“AS NOSAS LETRAS”

Como todos os anos por estas datas, o alumnado dos colexios do concello de Pontedeume, disfrutaron dunha xornada de aprendizaxe e lecer coa Asociación Olmo, que todos os anos ten a ben convidarnos.
O alumnado participou nos distintos obradoiros (oleiros, ferreiros, tecelás…) coñecendo variados oficios e xogos populares tan esquecidos últimamente.
Coma sempre, fomos obsequiados cun aperitivo que tras a caminata veunos moi ben.
Desde aquí queremos agradecer á Asociación Olmo o seu traballo a prol das Letras e a Cultura Galegas, así como o moito que nos fai disfrutar con esta celebración.

Así quedou a nosa árbore das palabras:

Para rematar, coincidindo co aniversario do grupo folclórico “Orballo”, presentouse unha mostra do traxe típico da comarca mariñana

Deixar un comentario »

CINENSINO

O 5 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P asistiu á terceira e última película do curso 2010-2011, dentro do Programa de Prevención.
A película “Fantástico Mr. Fox” pertence ao módulo “Respecto pola natureza”, resultou moi entretida e serviu para que os nenos aprendan a respectar a natureza como unha cuestión de supervivencia e reflexionar sobre o noso estilo de vida.
Doc1

Deixar un comentario »

VII FESTA DA LINGUA- PREMIO FREI MARTIÑO SARMIENTO

O día 1 de abril e con motivo da celebración da Festa da Lingua, o segundo ciclo de E.P. desprazouse a Santiago para disfrutar dunha xornada literario-lúdica que resultou moi pracenteira.
Todos poidemos disfrutar da presenza dos autores dos libros seleccionados para a lectura nas diferentes clases.
A mañá adicouse á parte literaria (coloquio, entrega de premios…) e a tarde foi unha xornada festiva e de disfrute dos xogos e inchables.

Deixar un comentario »

“A muller traballadora”

A nosa árbore cargouse de froitos dedicados ás mulleres traballadoras, son unha pequena homenaxe que moitos nenos quixeron facer neste día tan especial.

Deixar un comentario »

OBRADOIRO “CANTA MÚSICA”

Dentro do proxecto “Bocaberta”, o vindeiro día 8 de marzo realizarase un obradoiro “Canta música” na Ludoteca do Cantón de Molíns en Ferrol, a cita é ás 12 da mañá, non esquezades ir se o queredes pasar ben!. Veña, animádevos!

Deixar un comentario »

A ÁRBORE DO AMOR

No patio do colexio medrou unha árbore moi especial, neste mes de febreiro encheuse de froitiños moi delicados, son declaracións de amizade, de amor, de gratitude….., para saber máis só hai que acercarse a el e disfrutar lendo os froitos que colgan das súas pólas

Deixar un comentario »

BO NADAL

Cos mellores desexos de Paz e Solidariedade do equipo de Dinamización Lingüística.

Bo Nadal e Ledo Aninovo

Deixar un comentario »

AS VANGARDAS

Os alumnos de 4º da ESO despois de ter estudado “ VANGARDAS´´ animáronse cos caligramas. Aquí deixamos unha mostra. Esperamos que vos guste.

This slideshow requires JavaScript.

Comentarios (2) »

O Conto Viaxeiro de Ferrolterra

Deixamos aquí o Conto Viaxeiro. Esperamos que vos guste. Preme aquí.

Este conto foi feito por alumnos de distintos colexios de Ferrolterra. Pretendíase que colaborasen nun proxecto conxunto e o resultado foi este contiño. Participaron os alumnos de 4º de E.P do Colexio “Xesús Maestro”, 5º de E.I do noso colexio, 6º de E.P de “Sagrado Corazón de Mercedarias” e 1º ESO de “santa Xoana de Lestonac”. Os alumnos destas clases participaron encantados na actividade e o premio é poder disfrutar do conto tantas veces como queiran.

Deixar un comentario »

Magosto 2010

This slideshow requires JavaScript.

A celebración do Magosto e a festa do Samaín encheron de cabazas e froitos de outono o colexio.
Os rapaces dos diferentes cursos, cubriron a nosa chousa de follas e froitos decoradas con adiviñas, refráns e ditos populares.
O Magosto fixo que polo patio, por ciclos, pasara todo o alumnado a asar e degustar as saborosas castañas.
A continuación participaron en xogos nos que este froito foi o centro das actividades.
Todo o colexio gozou neste día , esperamos repetilo en anos sucesivos. Ata a próxima.

Deixar un comentario »

Seguir este blogue

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.